A Deputación dá un préstamo a estación de Manzaneda xa que, se non, tería «dificultades»

La Voz OURENSE

MANZANEDA

LOLITA VAZQUEZ

Os case 300.000 euros que achegará a institución provincial pretenden garantir o «funcionamento normal» de Meisa

21 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Xosé Mosquera, que actuou onte como interventor nas comisións informativas da Deputación, explicou que o préstamo participativo que a institución provincial concederá a Meisa, a sociedade titular da estación de montaña de Manzaneda, débese aos problemas da empresa. «Sen ese préstamo habería dificultades para o seu funcionamento normal», sinalou o funcionario.

Mosquera fixo esas declaracións en resposta a unha pregunta formulada polo deputado socialista Vicente Gómez, que aproveitou para pedir representación da oposición no consello de administración da empresa. Por outra banda, o goberno provincial informou de que tamén a Xunta subscribirá un crédito de similar contía para Meisa.

Aparcadoiro

Nas comisións celebradas onte na Deputación abordouse tamén a anunciada rebaixa nas tarifas do aparcadoiro propiedade da institución provincial no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). A pesar de que é habitual que nestas reunións a oposición reserve o seu voto para o pleno, o BNG xa adiantou que está en contra porque, ademais de reducirse os prezos, a empresa concesionaria pagará menos de canon, o que cualifica como un «atraco». Por outra banda, a relación de postos de traballo recibiu luz verde.