Convocado un cribado en Maceda, que supera os 800 casos por 100.000 habitantes

La Voz OURENSE

MACEDA

Imagen del cribado en O Carballiño de esta semana
Imaxe do cribado no Carballiño desta semana AGOSTIÑO IGREXAS

O Sergas citou a 427 veciños de entre 16 e 40 anos

23 jul 2021 . Actualizado ás 19:28 h.

O Sergas convocou para este sábado un cribado masivo no pavillón Pablo R. Guede de Maceda . Están citados 427 veciños de entre 16 e 40 anos. O obxectivo é detectar positivos asintomáticos e cortar a transmisión do virus na localidade. Con 25 casos activos nun censo de 2.839 persoas, supón unha incidencia de máis de 880 por 100.000 habitantes, o que significa triplicar polo alto os 250 que sitúan unha localidade en risco extremo. Fai dez días, a cifra de contaxiados era de 7. A todos os que acudan ao cribado, que comezará ás 9.00 e prolongarase ata as 13.30 horas, faráselles un test de antígenos, polo que en quince minutos saberán se están infectados de coronavirus ou non.