Os felos alegran a mañá en Maceda

La Voz OURENSE

MACEDA

CEDIDA

As máscaras saíron xa hoxe a facer soar as súas chocas polas rúas da vila

16 feb 2019 . Actualizado ás 14:24 h.

Nas vilas ourensás xa se empeza a respirar entroido. Non só en Xinzo, co seu longo ciclo festivo, senón tamén en Maceda, onde esta mañá, xa saíron a correr algúns felos polas rúas da capitalidade. O día solleiro e o son de chócalas dos seus queridos felos alegraron a mañá aos macedanos.