O delegado da Xunta coñece os proxectos do alcalde de Lobeira

La Voz

LOBEIRA

xunta

O Concello quere impulsar a rehabilitación da casa natal de Xocas

03 feb 2021 . Actualizado ás 19:22 h.

O delegado da Xunta, Gabriel Alén, e o alcalde de Lobeira, Antonio Iglesias, mantiveron un encontro institucional no que repasaron os asuntos que vinculan a ambas as administracións. O Concello ten entre mans a redacción do proxecto para rehabilitar a casa de Xocas e está pendente das subvencións da Xunta para esta e outras actuacións.