Lobeira mobilízase pola farmacia

La Voz OURENSE / LA VOZ

LOBEIRA

CEDIDA

Veciños alertan que o seu desabastecemento lles obriga a ir comprar medicamentes a outros concellos

16 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Veciños de Lobeira concentráronse este domingo diante da farmacia situada na travesía alcalde Higuero Cardoso, nas Quintas, en sinal de protesta polo que consideran deficiente funcionamento do servizo. De acordo cun escrito que presentaron, tanto no Concello de Lobeira como no Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense explican que fai tres anos que o titular farmacéutico leva tres anos ausente da farmacia e que durante ese período a instalación foise desabasteciendo e agora carece mesmo dos medicamentos máis básicos. «Hai dous meses que a oficina da farmacia quedou sen subministro eléctrico», aseguran. Neste escenario, expoñen que á poboación de avanzada idade e aos usuarios da residencia de persoas maiores, non queda máis remedio que desprazarse ata outros concellos para poder recoller a medicación que necesitan. «Pedimos ás administracións competentes a tomar as medidas axeitadas para dar solución a este grave problema, por considerar que este servizo público é unha necesidade social moi importante», conclúen.