O incendio de Lobeira arrasou con 150 hectáreas do parque natural do Xurés

La Voz OURENSE

LOBEIRA

Agostiño Iglesias

Os últimos datos de Medio Rural dano por extinguido

09 sep 2019 . Actualizado ás 15:14 h.

Os datos da consellería de Medio Rural publicados este mediodía dan por extinguido o incendio que a semana pasada se rexistrou en Lobeira. Estaba por controlado desde as 20.29 horas do venres, tras comezar na parroquia de San Xes de Vilariño o pasado xoves á primeira hora da mañá. Segundo a última estimación, a superficie afectada é de 150 hectáreas dentro do parque natural do Xurés. Nos labores de extinción traballaron un técnico, 17 axentes, 51 brigadas, 15 motobombas, dúas pas, 7 helicópteros e 7 avións. A Consellería de Medio Rural lembra que está a disposición dos cidadáns o número de teléfono gratuíto 085, ao que se pode chamar en caso de detectar algún lume. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se sospeite: 900 815 085.