Paralizan unha actividade lúdica a realizar no parque de aventuras de Laza

La Voz

LAZA

Santi M. Amil

A iniciativa non contaba cos correspondentes permisos

23 oct 2019 . Actualizado ás 14:38 h.

O alcalde de Laza, Jesús Blanco , ordenou o cesamento dunha actividade lúdica que estaba prevista para a fin de semana no complexo do denominado parque de aventuras dese municipio. O rexedor comentou que esa actividade, anunciada a través das redes sociais, non contaba cos preceptivos permisos municipais nun espazo que está parcialmente construído.