De enchente en Larouco

La Voz OURENSE

LAROUCO

cedida

A localidade valdeorresa gozou dunha nova edición da Festa do Cordeiro

19 may 2019 . Actualizado ás 11:15 h.

A décimo cuarta edición da Festa do Cordeiro non defraudou a quen se achegaron á capitalidade municipal do concello valdeorrés de Larouco. O pavillón acolleu aos comensais que, por 15 euros, ademais do sabrosísimo cordeiro ao forno, deron boa conta do resto do menú no que non faltou o viño, os embutidos, a empanada, a doce bica tradicional e, por suposto, os licores.