Evacuada en helicóptero ao CHUO tras saírse da vía o coche que conducía en Esgos

La Voz OURENSE

ESGOS

Accidente en Esgos
Accidente en Esgos CEDIDA

A condutora é unha muller de 60 anos veciña de Ourense

12 jun 2021 . Actualizado ás 21:36 h.

Unha muller resultou ferida despois de sufrir unha saída de vía e envorcar o coche que conducía. Sucedeu pouco antes das oito da tarde, cando circulaba pola OU-536 ao seu paso por Esgos. Neses momentos, segundo fontes da Garda Civil, chovía con intensidade debido á tormenta, o que puido provocar a saída de vía e posterior envorco. O coche quedou no medio dunha pradería. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061, que chamou ao helicóptero medicalizado, que se encargou do traslado da condutora ao CHUO. Tamén acudiu Protección Civil e a Garda Civil, que investiga as causas do accidente.

Segundo as primeiras informacións, a condutora, unha muller de 60 anos veciña de Ourense, está ferida leve.