queda durmido ao volante e choca contra un camión do lixo en Esgos

La Voz OURENSE

ESGOS

cedida

O choque provocou outro accidente ao invadir o vehiculo pesado o carril contrario tras o glope

20 dic 2019 . Actualizado ás 13:10 h.

A as 9.15 horas da mañá do venres, na estrada OU536 (Ourense-A Rúa) en Esgos, o condutor dun Volkswagen golf, posiblemente por mor de quedar durmido ao volante, chocou contra un camión de recollida de lixo que circulaba no sentido contrario que, debido ao impacto, invadiu o carril esquerdo e chocou contra outro turismo. Como consecuencia dúas persoas de 40 e 41 anos foron trasladados a un centro hospitalario da cidade, as dúas con feridas de carácter leve. Os tres vehículos implicados foron retirados polo guindastre.

Interviñeron no sinistro o equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense e unha patrulla de motoristas do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ourense.