Entrimo executa infraestruturas en Venceás e Lantemil

La Voz OURENSE / LA VOZ

ENTRIMO

Santi M. Amil

Son un abastemiento e unha pavimentación incluídas nos plans provinciais de 2019

21 ene 2020 . Actualizado ás 14:01 h.

O Concello de Entrimo está executando as obras correspondentes aos plans provinciais da Deputación do ano 2019.

Para ese exercicio, comprometéronse 48.000 euros para Entrimo correspondentes a estes fondos que se están destinando ao abastecemento da localidade de Venceás, onde se está construíndo un novo depósito para a auga da traída, segundo explicou o alcalde, Ramón Alonso (PSOE). Igualmente, dentro destes mesmos plans, leva a cabo a pavimentación de varias rúas na vila de Lantemil.