Vándalos esnaquizan paneis e valos nunha área recreativa fluvial de Entrimo

La Voz OURENSE

ENTRIMO

cedida

O Concello denunciou as desfeitas e está avaliando o seu custo económico

02 oct 2019 . Actualizado ás 14:16 h.

Persoas descoñecidas esnaquizaron varios carteis e paneis informativos, ademais dalgúns valos de madeira, na área recreativa do río Pacín, en Terrachán, no municipio de Entrimo, tamén coñecida como Praia dás Perdices. Crese que o acto vandálico puido ocorrer a noite do sábado ao domingo, apuntou o alcalde, Ramón Alonso (PSOE). O Concello está a avaliar o importe dos danos para ampliar a denuncia presentada ante a Garda Civil. O rexedor apuntou que intentarán reparar os elementos destruídos canto antes. Algúns pertencen ao Concello e outros foron instalados polo parque natural. Ademais dos danos materiais, o alcalde lamentaba o prexuízo moral sufrido ao atoparse o mobiliario destruído. Algúns dos paneis foron arrincados totalmente e outros os romperon polo pé.