Ferido grave en Entrimo ao pasarlle o seu tractor por amais

La Voz OURENSE

ENTRIMO

MARTINA MISER

O accidente ocorreu este mércores ao mediodía en Galez

11 sep 2019 . Actualizado ás 23:27 h.

Un home resultou ferido de consideración esta tarde en Entrimo, cando manexaba un tractor. Segundo a información do 112 Galicia, o accidente ocorreu en Galez, na parroquia de Quintáns, sobre as 13.20 horas deste mércores. O vehículo agrícola pasoulle por amais , causándolle graves feridas. Ata o lugar desprazouse o helicóptero do 061 e solicitouse a intervención do GES de Lobios, Protección Civil de Entrimo e Garda Civil para colaborar na toma de terra da aeronave, que desprazou ao ferido ao hospital.