Ourense acollerá tres cribados masivos para buscar asintomáticos

La Voz OURENSE

CORTEGADA

Santi M. Amil

Citarase a veciños do Carballiño, Beade, Cortegada, Padrenda e Pontedeva

25 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Os cribados son unha das principais armas coas que conta o Sergas para detectar casos asintomáticos de covid-19. Por iso, nos próximos días realizaranse tres na provincia de Ourense. O primeiro que se anunciou terá lugar en Beade, un dos dous municipios de Galicia que ten as restricións máximas. Están citadas 150 veciños, de entre 18 e 74 anos, mediante proba PCR, no centro de saúde. Será a partir das 15.00 horas.

Para o sábado están convocados dous cribados aleatorios, segundo anunciou a última hora o Sergas. Un deles será no Carballiño, onde se citarán 1.000 veciños de idades entre 18 e 55 anos. O cribado realizarase no pavillón Paco Chao, entre as 9.00 e as 14.00 horas. Tamén se citará a 400 veciños dos municipios de Cortegada, Padrenda e Pontedeva, con idades comprendidas entre os 18 e os 45 anos. O cribado aleatorio conxunto será no pavillón de Cortegada, tamén en horario de mañá.