Así é a casa galega enterrada que opta a un premio mundial de arquitectura

La Voz OURENSE

COLES

Un proxecto de trespes.arquitectos en Coles emprega o modelo de terrazas tradicionais das ribeiras do río Miño

08 feb 2023 . Actualizado ás 18:56 h.

Unha casa creada en Ribela  (Coles) polo estudo trespes.arquitectos coouse nos nomeamentos dos premios ArchDaily, unha convocatoria promovida pola que é a web de arquitectura con máis subscritores a nivel mundial. O estudo que desenvolveu a intervención está radicado na Coruña e do mesmo forma parte Alberte Pérez Rodríguez, de Maceda . Carlos Mosquera do Palacio e Enrique Iglesias Lima son os outros dous pés. Dáse ademais a circusntancia de que o estudo viu como se seleccionaron dous das súas intervencións, a de Ribela e a rehabilitación dunha vivenda en (Culleredo).. A Laxe

Os Premios Building of the Year, de ArchDaily, son unha macroconvocatoria polo seu carácter mundial. Nesta edición figuran máis de 4.500 edificios nomeados nas quince categorías a concurso. «Desde o residencial ata o público, cada categoría mostra o mellor en innovación, sustentabilidade e funcionabilidad. Estes edificios tiveron un impacto significativo na contorna construída e merecen reconimiento pola súa excelencia», indícase na súa páxina de ArchDaily.

A intervención en Ribela é o resultado dun proxecto singular no que dúas familias deciden compartir unha parcela e no que se apostou por unha intervención que pasou por enterrar a casa existente e crear un espazo limitado e íntimo para a nova residencia.

 Organizada en torno ao patio

Co modelo das terrazas habituais nas ribeiras dos ríos Miño e Sil optouse por un esquema da casa galega tradicional, organizando os servizos ao redor dun patio pechado por muros. Ao mesmo ábrense as estancias de servizo —garaxe, trasteiro, cuarto de usos múltiples, cociña, aseo, sala de xogos e lavandería— e os espazos servidos —salón e dormitorios— ábrense á parcela.

A escaleira sobe á atalaia da casa: unha cuberta vexetal transitable para gozar dunhas inmellorables vistas sobre o meandro do río Miño. A vivenda adáptase á contorna e ao ciclo anual; péchase ao norte e ábrese ao sur, búscanse as ventilacións cruzadas e a calor gózase de forma diferente segundo as horas do día e a época do ano.

O outro proxecto do estudo de Alberte Pérez nomeado na convocatoria de ArchDaily é unha intervención na Laxe (Culleredo), onde se recuperou unha vella vivenda, a parte antiga con máis de 150 anos, para crear un fogar onde prima a madeira e o aproveitamento dos espazos. O día 15 coñeceranse os finalistas en cada un dos apartados a concurso.