Morre un cazador de 21 anos en Chandrexa de Queixa tras dispararse accidentalmente

La Voz O Barco

CHANDREXA DE QUEIXA

JOSE MANUEL CASAL

O mozo estaba con outro compañeiro á caza de perdices

02 dic 2019 . Actualizado ás 07:43 h.

Un mozo de 21 anos faleceu esta tarde ao redor das 16.30 horas tras dispararse accidentalmente. Víctor V. estaba con outro compañeiro cazando perdices cando a escopeta se disparou, feríndoo mortalmente. Foi o seu acompañante quen deu a voz de alarma ao 112, que enviou ata alí aos servizos médicos, que nada puideron facer por salvarlle a vida, segundo informa o 112.

Os dous mozos atopábanse á procura de perdices nunha zona coñecida como Alto dous Chaos, entre A Zamorela e Requeixo, a aldea da que era a familia do falecido, que residía en Ourense. «Estamos moi afectados. É un drama, porque é un neno», di o alcalde, Francisco Rodríguez. Asegura que se trata dun mozo moi coñecido na localidade.

Ao lugar do accidente acudiron tamén a Garda Civil, o GES de Castro Caldelas e Protección Civil de Chandrexa. Ao redor das seis da tarde, o xuíz ordenou o levantamento do cadáver.