Visitas teatralizadas a Vilanova dos Infantes

La Voz OURENSE

CELANOVA

Santi M. Amil

O 17 e 22 de maio recupéranse as rutas guiadas que percorren a historia do burgo medieval

09 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

17 e 22 de maio • 12.00 e 19.30 horas • 5 euros • A pandemia provoca que non se poida celebrar, por segundo ano consecutivo, a festa etnográfica Raigame en Vilanova dos Infantes, pero unha visita ao burgo medieval merece sempre a pena e máis para coñecer a súa historia de forma entretida. O 17 de maio volven as visitas teatralizadas «Vilanova dos Infantes, unha historia para contar». Un artesán zapateiro e a fotógrafa Ruth Anderson son os personaxes que guían a visita e contan a historia da localidade. Ademais das súas restauradas rúas de estrutura medieval, a Torre da Homenaxe ou a Cova de San Vivián son outros puntos de parada da visita. A capacidade está limitado a vinte prazas, que se poden reservar no número 617 55 79 61.