A banda de Celanova compartiu con José Alberto Pina a obra A Lenda de Maracaibo

La Voz

CELANOVA

Cedida

O  afamado compositor acudiu a un ensaio da formación ourensá

25 abr 2021 . Actualizado ás 18:18 h.

 A Banda de Música de Celanova ofreceu este sábado un concerto-ensaio moi especial. Aproveitaron a presenza do compositor José Alberto Pina en Galicia para invitarlle asistir, xa que unha das obras deste mestre, A Lenda de Maracaibo, forma parte do repertorio da formación. Aínda que a choiva impediu que a cita puidese celebrarse no claustro barroco do mosteiro de San Salvador, e trasladásese ao pavillón, a xornada foi moi especial tanto  para os músicos como para o compositor.
«Grazas a toda a familia da Banda de Celanova por compartir comigo un intre do voso talento. Foi unha experiencia marabillosa e desexo, de todo corazón, que a vida nos volva pór xuntos no mesmo camiño. Parabén a todos e, en especial, ao seu Mestre Miguel polo seu traballo, talento e bo facer con este grupo humano», dixo o compositor en  as redes sociais.