Celanova suspende os mercados semanais deste mes de xaneiro

A voz OURENSE

CELANOVA

Santi M. Amil

Ante o incremento de casos de coronavirus, o alcalde comunica que non haberá feira os xoves 21 e 28

19 ene 2021 . Actualizado ás 15:52 h.

O Concello de Celanova decidiu suspender os mercados semanais dos xoves 21 e 28 de xaneiro, en vista do aumento de casos de coronavirus no municipio. O alcalde, Antonio Puga (Celanova Decide), publicou hoxe un bando municipal no que comunica que a decisión se toma polo aumento de casos de contagios por covid neste mes de xaneiro e «en aras de preservar a saúde dos veciños e veciñas de Celanova». O «preocupante incremento de casos» -son 42 este martes- producido nas dúas últimas semanas levou a que o municipio de Celanova vaia a ter desde esta semana, por primeira vez desde a desescalada, o nivel máximo de restricións que impón a Xunta.