Piden coordinación nas feiras na Baixa Limia e Celanova

La Voz OURENSE / LA VOZ

CELANOVA

Santi M. Amil

O BNG levará aos distintos concellos, produtores e feirantes das comarcas  unha proposta

18 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O BNG levará aos distintos concellos, produtores e feirantes das comarcas da Baixa Limia e Celanova unha proposta para unificar a normativa, as taxas e os horarios das feiras libres que se celebran na Merca, Bande, Cartelle, Celanova, Entrimo, Lobios, Muíños e Ramirás; e avanzar na creación dun calendario mensual e anual das que hai en marcha. O parlamentario Iago Tabarés e o deputado provincial Bernardo Varela presentaron en Celanova esta iniciativa. O BNG levará ao pleno da Deputación unha proposta para que o organismo provincial elabore unha guía de produtores locais de cada concello.