Comeza a campaña de cogomelos

La Voz

CELANOVA

A. Minguez

Un grupo de alumnos de micoloxía fixeron unha saída en Celanova

28 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Despois de 10 días de choiva e temperatura suave, arrinca a tempada silvestre de cogomelos en Ourense. Este domingo un grupo de alumnos de micoloxía fixeron unha saída en Celanova para comprobar que empezan a saír as primeiras especies comestibles como Agaricus (champiñón) ou Macrolepiota (cogordo) baixo a tutela da familia Minguez. Visitaron a Sala Micoloxica Plan c e comeron sopa e revolto con distintas especies micologicas.