O Concello de Celanova asume a titularidade das travesías da OU-540 e OU-531 ao seu paso polo centro urbano

La Voz OURENSE

CELANOVA

teresa cela

A avenida San Rosendo e a rúa Miguel Ángel Blanco pasan a depender do concello e non da Consellería de Infraestruturas

31 oct 2019 . Actualizado ás 14:06 h.

O Concello de Celanova será titular de dous tramos urbanos das estradas autonómicas OU-531 (Xinzo-Cortegada) e da OU-540 (Ourense-fronteira portuguesa). Segundo público o Diario Oficial de Galicia este mércores, o Concello celanovés solicitou, no ano 2016, a cesión de varios tramos de vías autonómicas ao seu paso polo centro urbano. Despois, en ls reunións posteriores celebradas entre a Consellería de Infraestruturas e Movilidade e o Concello, os responsables municipais solicitaron «de forma verbal» a cesión da OU-162, unha variante antiga da OU-540, na súa totalidade, 250 metros. É unha estrada que carece actualmente de funcionalidade, do mesmo xeito que un «resto da estrada OU-531», na localidade de Mandrás, de 200 metros.

A Consellería considera que actualmente, a autovía AG-31 é unha «alternativa viaria á estrada autonómica OU-540», no concello de Celanova. Por iso o tramo urbano deste viario situado entre o cruzamento da rúa Francisco González Rey coa OU-531 (á altura da oficina de Correos) e a intersección da rúa Encarnación coa OU-531 (á altura da igrexa da Ermida) é «susceptible de trasnsferirse ao Concello».

Así mesmo, segundo este departamento da Xunta, «está a estudarse a execución dunha variante ao núcleo de Celanova que ligazón o ramal da AG-31 coa estrada OU-540 na intersección da OU-540 coa C-531». A variante tería continuidade ata conectar coa OU-531 na glorieta existente no punto quilométrico 26,790. Por iso, a Consellería informa de que se pode tranferir tamén o tramo de 680 metros entre o cruzamento das avenidas San Rosendo e González Rey e a glorieta desta con varias rúas.(á altura do cruzamento do colexio de primaria)

Con este cambio de titularidade, que entra en vigor desde este xoves 31 de outubro, o Concello pasa a ser responsable do mantemento, conservación e explitación destes viarios.