Ferido un octoxenario ao ser arroiado por un coche en Celanova

La Voz OURENSE

CELANOVA

MARTINA MISER

Axentes do subsector de Tráfico da Garda Civil investigan o ocorrido

18 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un home de 82 anos, J. P. P., resultou ferido grave nun atropelo que se rexistrou ao mediodía do mércores en Celanova. Ata o lugar do accidente desprazáronse axentes do subsector de Tráfico da Garda Civil, bombeiros e unha ambulancia. Os sanitarios estabilizaron ao ferido no lugar dos feitos e logo trasladárono ao complexo hospitalario da capital ourensá. Un equipo de atestados investiga o ocorrido.