Pedro Rivero acolle a nenos do proxecto Basket por Libros

a voz OURENSE

CELANOVA

Miguel Villar

O campus do exjugador do COB e de Rubén Vieira vivirá a súa quinta edición en Celanova

15 jun 2019 . Actualizado ás 17:08 h.

O Campus de Pedro Rivero, exjugador do COB e actual responsable técnico do Lucentum Alacante, xa é un clásico dos veráns en Celanova, onde colabora de xeito conxunto co local Rubén Vieira, preparador físico do Obradoiro e director do clinic, que acada a súa quinta edición.

Esta vez, participarán na actividade uns quince nenos procedentes do CEIP Curros Enríquez -incluídos no proxecto Basket por Libros-, os cales foron invitados os organizadores. Así o confirmou Xoán Vila, o profesor que coordina a iniciativa, consistente en trocar horas de baloncesto polos libros lidos por cada alumno.

O mestre, que no seu día foi xogador de baloncesto en Ribadeo, Viveiro ou Foz, agradeceu nesta oportunidade «o xesto de Rubén Vieira co noso proxecto e a implicación que ten con este Campus de Baloncesto. Un grupo dos nosos nenos e nenas poderán asistir de xeito gratuíto e recibir a formación que alí se vai impartir, algo que para todos nós é moi importante».