Dimite o secretario da Mancomunidade de Celanova polo seu actual funcionamento

La Voz OURENSE

CELANOVA

MAITE

Ocupou o cargo durante 22 anos pero cre que a actual organización é un «ataque» á súa dignidade profesional

22 may 2019 . Actualizado ás 21:04 h.

O que foi secretario-interventor da Mancomunidade Terra de Celanova durante 22 anos, Daniel Carnoto, presentou onte a súa dimisión deste posto. Na súa conta da rede social Facebook publicou: «O seu actual funcionamiento e organización supoñen un ataque á miña dignidade e integridade profesional; ante tal situación, presentei a dimisión e voume coa cabeza alta, renunciando a percibir unha cantidade económica».