A diáspora en branco e negro

CELANOVA

TERESA CELA

A exposición «Nós tamén fomos emigrantes» puuede verse na Casa dous Poetas de Celanova ata o sábado

22 ago 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A emigración galega, ao longo de todo o século pasado, deixou imaxes impactantes, icónicas dunha longa época fotografada en branco e negro. Os fotoperiodistas de axénciaa Efe estiveron en multitude de escenarios nos que os emigrantes galegos e españois partían ou chegaban e retratáronos con proximidade e, á vez, mostrando o contexto do momento.

A exposición Nós tamén fomos emigrantes, que a Fundación Abanca levou este verán á Casa dous Poetas de Celanova recolle unha ampla selección das imaxes que mostran como se foron, viviron e regresaron os emigrantes galegos.

É a historia que viviron os nosos bisavós, avós e tamén pais, na emigración a América ou Centroeuropa desde os anos trinta aos setenta do século pasado. Imaxes cotiás, como o vaso de viño que comparte un pastor vasco cos seus colegas nos Estados Unidos, ou fotos que reflicten toda unha época, como os traballadores que chegaron á Alemaña nazi en 1940 e tivéronse que integrar no que alí había, reflectido nunha fotografía dun grupo realizado o saúdo fascista. Tamén hai fotos institucionais, como unha recepción do rei Juan Carlos ou de retornos, como operacións propiciadas para que os emigrantes en Arxentina pasasen o verán na súa terra. En definitiva, un completo repaso visual ao que foi nosa historia na diáspora.