Castro Caldelas terá un centro de trail running

La Voz OURENSE / LA VOZ

CASTRO CALDELAS

concello de Castro Caldelas

O Concello promove a construción dunha instalación permanente que se incluirá na rede nacional acreditada pola RFEA

24 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Castro Caldelas terá un dos centros permanentes de trail running en España. Son 22 puntos os que están integrados nesta rede estatal de instalacións permanentes acreditada pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA), e na provincia de Ourense súmase o de Castro Caldelas.

Este centro de adestramento de carreira de montaña está xa en construción, promovido polo Concello de Castro Caldelas. Súmase a unha rede de instalacións situadas en lugares que permiten desenvolver a esencia deste deporte, con rutas sinalizadas de variedade técnica e paisaxística.

O Plan Trail 50 pretende a creación en España de cincuenta instalacións permanentes de trail running acreditadas pola RFEA para convertelas en centros de referencia para a práctica non competitiva deste deporte.