Morre un home en Castrelo do Val ao envorcar o tractor que conducía

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CASTRELO DO VAL

Santi M. Amil

O aviso do accidente recibiuse ás 18.15 horas deste xoves

26 jun 2020 . Actualizado ás 16:58 h.

Un home perdeu a vida onte tras envorcar o tractor que manexaba no concello ourensán de Castrelo do Val, onde se atopaba traballando nunha leira, informou o 112 Galicia.

O aviso do accidente recibiuse ás 18.15 horas a través do 061, que comunicaba que se mobilizou o helicóptero con base en Ourense para atender á vítima. Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia, que só puideron confirmar a morte.