O noiés Caetano Horta, campión de España de longa distancia en skiff xuvenil

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

CASTRELO DE MIÑO

CEDIDA

O tamén membro do Mar Noia Jesús Villaverde rematou saboreando a prata na modalidade de remo adaptado PR1

20 feb 2021 . Actualizado ás 23:14 h.

O noiés Caetano Horta deberá buscar oco en casa para garda unha medalla máis. A estrela do Mar Noia volveu voar. Esta vez, en Castrelo de Miño, onde mordeu o ouro na categoría xuvenil skiff do Campionato de España de longa distancia. Fíxoo ademais cunha vantaxe abafadora sobre os seus rivais, xa que ao subcampión o deixou a case medio minuto de distancia.

Por parte do equipo barbancés, que tivo que buscarse a vida para poder adestrar, tamén brillou Jesús Villaverde, que rematou saboreando a prata na modalidade de remo adaptado PR1. Na categoría xuvenil skiff, os noieses tamén cultivaron o posto 20 con Gabriel Bello . En feminino, Alba Fernández repetiu esa mesma posición, mentres que no dobre cadete, Kevin e Saúl finalizaron na décimosexta posición.

Noel Fuentes chegou no lugar 54 na regata masculina, mentres que Brais Vázquez mellorou ao seu compañeiro cunha 29 posición. En feminino, Lucía Carballido completou a actuación dos barbanceses finalizando entre as 12 mellores.

En definitiva, unha boa xornada para un club que segue dando pasos de xigante durante as últimas tempadas.