A Burla Negra mantén a Castrelo de Miño no podio

LA VOZ OURENSE

CASTRELO DE MIÑO

CEDIDA

Bosch Service Solutions e Aceites Abril optan ao triunfo final con representación ourensá

15 ago 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A regata Mar de Maeloc Rías Baixas viviu unha terceira etapa moi esixente e emocionante, ata o seu desenlace na Ría de Vigo, con cambio de líder incluído. A proba que partiu da Pobra do Caramiñal desenvolveuse con rapidez

O Elan 37 Bosch Service Solutions de Ramón Ojea (Club Marítimo de Canido) e con Alejandro Pérez Canle na súa tripulación, é o novo líder, desbancando ao Aceites Abril de Luis e Jorge Pérez Canle, agora segundo, aínda que domina destacado a súa clase.

O terceiro da xeral, Antílope, do Club Baía de Xixón, foi o mellor en tempo compensado da regata de onte, por diante do barco de Ojea, que sacaba partido da xornada, posto que o terceiro era a Losqueada do coruñés Fran Edreira tamén restaba puntos ao anterior líder, que caía á oitava praza.

Na clase 3, a vitoria foi para o Maracaná, seguido do Deep Blue e do barco de Castrelo de Miño, A Burla Negra, co que a embarcación do ourensán Juan José Martínez afianza a súa terceira praza nunha xeral dominada pola xa citada embarcación viguesa de Vicente Cid, segunda onte.

A competición rematará na xornada de hoxe un trazado Vigo - Vigo que pode resultar todo un espectáculo para o público, a pouco que acompañe o vento. Está prevista para as 12.00 horas.