Castrelo de Miño demanda á Deputación o arranxo da estrada de Macendo

La Voz OURENSE / LA VOZ

CASTRELO DE MIÑO

Santi M. Amil

O Concello reclamou en varias ocasións, durante os dez últimos anos, a execución deste proxecto

15 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Castrelo de Miño emprazou á Deputación a que arranxe a estrada provincial Astariz-A Armada, ao ser este viario o principal trazado que comunica a vila de Macendo e atoparse o mesmo nun «lamentable estado». Desde a administración local lémbrase que se reclamou ao organismo provincial o arranxo da estrada a Macendo «en reiteradas ocasións» nos últimos dez anos. Ademais de ser a principal vía de comunicación da parroquia de Macendo, a estrada tamén dá servizo ás vilas de Freás e A Cancela -ambos de Astariz- e a Cartelle.