Fotografías celestiais

La Voz OURENSE

CASTRELO DE MIÑO

MIGUEL VILLAR

Entregan en Castrelo de Miño os premios de fotografías Ceos Galegos

14 ene 2019 . Actualizado ás 08:12 h.

No parque náutico de Castrelo de Miño entregáronse os premios de fotografía Ceos Galegos, no marco dunha iniciativa que impulsa Dositeo Veiga. Houbo recoñecementos en diferentes categorías para Anxo D. R. Arós, Marcos Gestal, Uxía Vales, Miguel Sánchez, Marcos López, Alfredo Madrigal, Pablo Martínez, José Gadea, Julio Castro e Luis Vilanova. Tamén houbo premios do público que en parte coincidiron co xurado.