Ferida leve tras perder o control do seu coche en Cartelle

La Voz OURENSE

CARTELLE

Lucía

Todo apunta a unha posible indisposición ou somnolencia

02 ene 2020 . Actualizado ás 18:30 h.

Ás 16.20 horas de hoxe, na OU 404 (Celanova-Cartelle), no termo municipal de Cartelle, unha muller resultou ferida leve tras saírse da vía o coche que conducía. Por causas que están a ser investigadas polo equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, a condutora, M.C.P.R. de 55 anos e veciña de Ourense tras, saírse da saída da vía pola marxe dereita, chocou contra un panel direccional e posteriormente envorcou. Todo apunta a unha posible indisposición ou somnolencia. Ademais do equipo de atestados interviñeron os bombeiros de Terras de Celanova e Protección Civil de Cartelle.