Cartelle organiza unha gran Festa de Reis

La Voz OURENSE

CARTELLE

Antonio Cortés

A cita máis multitudinaria do nadal na localidade será o día 5 pola tarde

25 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

En Cartelle durante o Nadal teñen actividades en común con outros concellos, como a visita organizada a Pazolandia, que será o 27 de decembro ou un concerto do trinta aniversario da banda de gaitas Nova Fronteira Barbadás & Cartelle, que será o día 28.

Pero o que singulariza ao municipio é a gran Festa de Reis que organiza para o 5 de xaneiro. Esa tarde, no pavillón de deportes de Outomuro, hai unha gran festa, co pica discos DJ Fidel, unha masterclass de zumba para os máis pequenos, a visita do boneco Mickey de Disney, música de pandereteiras e a partir das 17.30 horas, a gran entrada dos Reis Magos. Un dúo porá a música e o Concello invita a todo o mundo a chocolate con churros e palomitas.