Vinte e dúas adegas de Valdeorras participan nun acto promocional en Málaga

La Voz

CARBALLEDA DE VALDEORRAS

CEDIDA

As empresas viaxaron con 42 viños diferentes

21 novs 2018 . Actualizado ás 17:54 h.

«Divulgar a singularidade dos nosos viños no sur de España e optimizar o seu grao de coñecemento nun territorio con moito potencial como é Andalucía» son os obxectivos das accións promocionais que a D.Ou. Valdeorras está a facer en Málaga, segundo o presidente do consello regulador, José Luis García Pando. Nas actividades participan un total de 22 adegas amparadas polo selo de calidade, que ofrecen ata 42 viños diferentes (brancos e tintos).