Algo máis que románico en Pazos

LA VOZ OURENSE

BOBORÁS

CEDIDA

O programa da empresa organizadora inclúe visitas guiadas e sorpresas como actuacións musicais

28 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A empresa Mais que románico Ruta S.C., especializada en turismo cultural, levou a cabo dúas visitas a Pazos de Arenteiro (Boborás). Unha trintena de persoas, cumprindo as normas de seguridade, gozaron da natureza, a arte e a etnografía, guiadas polos investigadores Juanjo Álvarez e Diego Reboredo. O primeiro interpretou ademais a obra Gabriel's Oboe, do recentemente falecido Ennio Morricone, famosa pola película A Misión.