Os veciños de Loiro, en Barbadás, acenderon o seu Nadal

La Voz

BARBADÁS

Miguel Villar

A asociación cultural desta vila de Barbadás doará produtos ao Banco de Alimentos

06 dic 2021 . Actualizado ás 17:32 h.

Á asociación cultural Loiro na Memoria non lle falta o ánimo. Os veciños desta localidade de Barbadás acenderon este domingo as súas luces de Nadal e decoraron os seus balcóns para facer que, como cada ano, estas datas sexan máis que especiais. O lugar de elixido para o acto oficial de inicio do Nadal en Loiro foi a praza do Campiño, centro de encontro de todos os veciños. A partir de agora e ata que finalicen as festas, as luces iluminaranse ás sete da tarde.

Coa decoración posta, desde este luns e ata o mércores a asociación fará unha colleita de alimentos, produtos do Nadal e xoguetes para doar ao banco de alimentos do concello. Os produtos recolleranse na praza do Campiño nas horas que a asociación maque nas súas redes sociais, pero sinalan que se poderá doar en calquera momento na Tenda Marina , onde haberá un caixón para depositar o que se entregue.

O mércores entregarase ou recadado a Protección Civil de Barbadás que será a que leve o doado ao Banco de Alimentos. A asociación cultural explica que máis adiante organizarán outras actividades do Nadal, como un concerto de panxoliñas.