Barbadás organiza unha xornada sobre violencia contra a muller e atención ás vítimas

La Voz

BARBADÁS

Cedida

María Alida Iglesias , xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller, foi a encargada da presentación

07 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás acolleu unhas xornadas formativas sobre a violencia contra a muller e a intervención policial e protección das vítimas. María Alida Iglesias , xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller, foi a encargada da presentación. A formación foi dirixida ao persoal dos servizos sociais e dos Centros de Información á Muller dos concellos da comarca de Ourense.