Un ferido nunha colisión entre tres coches na Valenzá

La Voz OURENSE / LA VOZ

BARBADÁS

PLBarbadás

O sinistro ocorreu na avenida de Celanova, á altura do número 116

09 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Un home foi evacuado en ambulancia despois de resultar ferido, en principio de carácter leve, nunha colisión múltiple na que se viron implicados tres vehículos, na avenida de Celanova da Valenzá (Barbadás). Ocorreu ás 19.39 horas do venres. Ao momento do accidente desprazáronse a Policía Local de Barbadás, de Protección Civil da localidade e do 061. Ao mediodía, noutro accidente na A-52, en Carballeda de Avia, houbo un choque por alcance entre unha furgoneta e un camión, sen feridos.