O Concello de Barbadás baldea as rúas e zonas de paso peonil na Valenzá

La Voz OURENSE

BARBADÁS

CEDIDA

Algunha escalinata dos barrios presentaba humidades e verdín

25 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Barbadás executou durante este sábado tarefas de limpeza e baldeo en beirarrúas e zonas de tránsito público na Valenzá. Diversos operarios municipais traballaron con mangueiras e chorros a presión para eliminar a sucidade presente no pavimento dalgúns barrios da localidade.

Nalgunha das zonas, con especial énfase nas escalinatas, tamén levou a cabo un varrido intensivo debido á existencia de localizacións con perigo de esvaróns ou caídas debido aos banzos con humidades ou verdín.