Baños de Molgas aproba 15.000 euros para axudar a pemes

La Voz OURENSE / LA VOZ

BAÑOS DE MOLGAS

Santi M. Amil

O Concello aprobou un orzamento de algo máis de 1.100.000 euros

22 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Baños de Molgas dará unha axuda ás pemes e autónomos do municipio afectados polas restricións por mor da pandemia. A contía, quince mil euros, aprobouse no pleno celebrado o venres como unha modificación de crédito transformando unha partida destinada a actividades deportivas e culturais que non se chegou a utilizar para este fin. Segundo explicou o alcalde, Xaime Iglesias (BNG), o Concello ten que axudar no que poida pero ten que seguir atendendo a melloras no municipio. «A »,s axudas teñen que vir desde arriba, nós só podemos colaborarapunta. Aínda terán que definir as bases para optar a esas subvencións.

No orzamento para 2021, dun total de 1.101.691 euros destínanse 177.000 euros a investimentos e 49.000 para asociacións, empresas e familias, dentro das transferencias correntes, como previsión para seguir axudando a actividades ou afectadas.

En investimentos, prevense partidas para seguir traballando nun castro, cun convenio coa universidade; contías para reformar as fachadas do CEIP; para estender a iluminación LED; cantidades en urbanismo para os plans de protección de dous centros históricos e para adquirir unha leira na que facer unha nave para gardar material.