Formalizan o contrato para o abastecemento e saneneamiento de tres vilas de Baños de Molgas

La Voz OURENSE

BAÑOS DE MOLGAS

PILI PROL

A Xunta investirá 300.000 euros nas actuacións que se farán nos núcleos da Acea, Formigoso e Lamela

15 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Xunta formalizou o contrato para executar as obras de saneamento e abastecemento das localidades de Formigoso, A Acea e Lamela, no municipio de Baños de Molgas, cun investimento de 300.000 euros. Esta intervención inclúe a construción de dous ramais de conexión de abastecemento entre os núcleos de Bouzas e Formigoso e entre os de Fonde de Vila e A Acea. Tamén se executará unha rede de saneamento cunha lonxitude de máis de medio quilómetro.