A adega

José A. Parente O Ourense TERREAL

BANDE

24 mares 2019 . Actualizado ás 11:19 h.

Hai unhas semanas o xa expresidente do goberno Pedro Sánchez, convocaba as eleccións para o Goberno central. Dende o minuto un, a executiva e todo o PP de Ourense con Manuel Baltar a cabeza e Xinzo a nivel local co noso candidato con todo o equipo do PP de Xinzo estamos apoiando. Con Ana Belén Vázquez e Miguel Viso á cabeza de Congreso e Senado, nas cámaras baixas e altas, dende Novas Xeracións de Ourense loitaremos para que tanto a nosa presidenta de honra, Ana de Bande como Viso de Arnoia, sexan os nosos representantes en Madrid para que a mocidade e todos os veciños da provincia teñan representación nas cámaras madrileñas a nivel central. Dende logo os mozos xogaremos un papel esencial para que o PP de Ourense sexa de novo o partido máis votado, non so a nivel provincial e galego, senón a nivel central. Dende o galeguismo, o municipalismo e o centrismo cos nosos alcaldes, concelleiros e concelleiras, portavoces e executivas dos partidos a nivel provincial, escoitaremos como facemos día a día as inquedanzas e propostas dos nosos veciños para así mellorar as nosas vilas e concellos. O partido que Manuel Baltar preside será o partido máis próximo aos veciños, sempre cun lema, escoitando moito e falando pouco, e dende logo seguindo as directrices e as ideoloxías dos nosos pais políticos como eran Risco, Pedrayo, Losada Diéguez ou Cuevillas, precisamente quero acabar cunha frase de Cuevillas que día a día marca a vida política: «Non desesperedes os que de verdade sintades a emoción galega, pensade sempre que calquera traballo, duro ou livián, grande ou pequeno é sempre sementeira, sementeira de Galicia».