Noela Blanco reclamará no Parlamento a ligazón da AG-53 con Amoeiro e Punxín

La Voz OURENSE / LA VOZ

AMOEIRO

cedida

A Cámara galega aprobou en 2010 unha iniciativa sobre a conexión

22 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A deputada socialista pola provincia de Ourense Noela Blanco reclamará á Xunta de Galicia que se salde a débeda histórica cos veciños de Amoeiro, Punxín e Maside procedendo a construír o viario que enlazará a AG-53 con estes municipios. A deputada do PSOE compareceu en rolda de prensa no Carballiño xunto ao secretario provincial Rafael Rodríguez Villarino -exalcalde de Amoeiro-, o rexedor municipal de Maside, a portavoz do partido en Punxín e edís de Amoeiro e a vila carballiñesa.

Noela Blanco lembrou que foi durante a etapa do socialista Emilio Pérez Touriño cando se abriu a AG-53 e anulouse a peaxe que estaba previsto para a mesma. Ao ano seguinte, 2010, aprobouse no Parlamento de Galicia -por unanimidade- estudar a posibilidade de realizar a ligazón prevista no quilómetro 79 «e que serviría para desenvolver vos concellos de Maside, Punxín e Amoeiro e enlazar coa N-541 e a futura autovía a Lugo». Blanco e Villarino denunciaron que en 11 anos «o goberno de Feijoo destiñou 0 euros a este proxecto e sigue apostando por marxinar ás comarcas do interior de Galicia», segundo indicou Villarino.

Os socialistas incidiron en que a opción máis idónea é realizar a conexión a través da área de servizo prevista entre Punxín e Maside. A mesma nunca se chegou a crear ao quedar deserto o concurso.