Dá positivo en alcoholemia tras envorcar na A-52 en Allariz

La Voz OURENSE

ALLARIZ

garda civil

A Garda Civil tivo que contar un carril en sentido Benavente

17 abr 2021 . Actualizado ás 21:05 h.

Un coche saíuse da vía na A-52, ao seu paso por Allariz, e acabou envorcando. Ocorreu ás 19.15 horas deste sábado. O condutor, que resultou ferido leve e foi trasladado ao PAC de Allariz en ambulancia, deu positivo na proba de alcoholemia, cunha taxa que se considera delito (entre 0,78 e 0,74). Foi necesario cortar un carril en dirección Benavente.

Ata o lugar do accidente desprazáronse tres patrullas de Tráfico de Ourense, unha ambulancia do 061, un equipo de mantemento da vía e un guindastre de asistencia para retirar o turismo.