Allariz convoca un concurso de relatos curtos

La Voz OURENSE / LA VOZ

ALLARIZ

Santi M. Amil

Haberá tres categorías por idades e outros tantos premios por cada unha delas

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A biblioteca de Allariz convoca a primeira edición do Certame de Relato Curto para afeccionados. O obxectivo principal deste certame é crear un espazo común co fin de promocionar a creación literaria en lingua galega. Haberá tres categorías por idades e outros tantos premios por cada unha delas consistentes nun bono para gastar no comercio local. As bases pódense ver en allariz.gal/xornal.