Presentación do libro de Xurxo Souto en Allariz

La Voz OURENSE

ALLARIZ

CEDIDA

O escritor e músico presenta «Pangalaica. Recortes poderosos»

10 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Ás 12.30 horas • Allariz • Gratuíto • O polifacético Xurxo Souto presenta o seu novo traballo, o libro «Pangalaica. Recortes poderosos» esta mañá en Allariz. Será na Fundación Vicente Risco a partir das doce e media. A obra recolle oitenta pequenos relatos escritos e publicados durante o confinamento, que agora son recolleitos e ilustrados nun libro editado por Galaxia.