Allariz prepárase para as festas de San Bieito

Sara Pérez Peral
Sara Pérez OURENSE

ALLARIZ

Cedida

A celebración patronal do municipio allaricense xa está lista

04 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

11, 12, 13 e 14 de xullo • Concello de Allariz • Os allaricenses renderán tributo ao San Bieito a próxima fin de semana. A alcaldesa, Cristina Cid Fernández, o concelleiro de Cultura e o representante da Denominación de Orixe de Valdeorras presentaron a programación das súas festas patronais. A presenza da DO de Valdeorras será unha das novidades e sorpresas que terán lugar no característico campo da Barreira, pois será a DO a encargada de preparar as xornadas gastronómicas. As orquestras Nebraska e Ocaband amenizarán as noites do sábado e a do domingo. Os actos relixiosos comezan mañá á tarde: a novena ás 19.30 horas e a misa ás 20.00 horas.