Toma de posesión en clave festiva para Cristina Cid en Allariz

La Voz OURENSE / LA VOZ

ALLARIZ

cedida

O BNG ostenta unha folgada maioría na corporación municipal

16 jun 2019 . Actualizado ás 11:34 h.

O BNG revalidou a súa folgada maioría absoluta na xornada do 26M e Cristina Cid renovou a súa condición de alcaldesa na sesión plenaria da toma de posesión da nova corporación municipal. Os nacionalistas contarán con nove edís, dos trece que forman a sesión plenaria, para gobernar durante o presente mandato. O PP, con tres edís, e os socialistas, cunha concelleira, completan a corporación. O ambiente festivo deixouse sentir no pleno, ao acudir varios edís co pano da Festa do Boi.