Ferido grave o condutor dunha furgoneta de paquetería na autovía en Allariz

A voz OURENSE

ALLARIZ

cedida

Chocou por alcance contra un tráiler

12 jun 2019 . Actualizado ás 10:07 h.

O condutor e único ocupante dunha furgoneta de repartición de paquetería resultou ferido grave nunha colisión por alcance que tivo lugar na A-52 ao seu paso por Allariz. A colisión ocorreu ás 20:35 do martes no punto quilométrico 206, en sentido Benavente. A furgoneta chocou por detrás contra un tráiler. Ambos os vehículos sufriron danos materiais de consideración.